Bebida feita de sementes de soia From Wikipedia, the free encyclopedia
A bebida de soia, ás veces mal chamada "leite de soia"[1], é un produto (leite vexetal) que se extrae das sementes da soia, remolladas e moídas, ás que se lles engade auga, e que se utiliza como substituto do leite de orixe animal[2]. Hoxe en día pode atoparse en calquera supermercado en Galicia, aínda que tamén se pode producir no fogar a partir dos legumes.
Constitúe unha alternativa ao leite, especialmente na alimentación vexetariana estrita e en dietas hipolipídicas, por mor da súa aparencia abrancazada e á súa achega de proteínas. Nutricionalmente é de mediana dixestión, carece de colesterol e ten a metade de graxas e calorías que o leite enteiro, a mesma cantidade de vitaminas B e máis ferro que o leite de vaca.[3] O mesmo que esta, tamén ten compoñentes alerxénicos,[4] aínda que é apta para intolerantes á lactosa.
As comercializadas actualmente adoitan estar enriquecidas con cobalamina (vitamina B12), de difícil obtención nunha alimentación vexetariana estrita. Úsase en multitude de receitas, substituíndo en ocasións produtos que vexetarianos estritos e veganos non consomen por este elemento, como no caso da lactonesa, substituto da maionesa, realizado con leite[5] (en caso de seguir unha dieta omnívora, tamén pode ser leite de vaca o que substitúa o ovo).
Consómese dende hai 2.000 anos.[6]
Malia posuír unha serie de vantaxes e cualidades nutricionais, a comunidade científica non se pon de acordo sobre si en realidade se trata ou non dunha bebida aconsellable para o consumo humano, sen existir antes unha prescrición nutricional ou médica. Algúns estudos científicos[7] constataron que o consumo regular de leite de soia podería causar efectos negativos sobre as hormonas, a fertilidade e o sistema inmunitario por mor da existencia na súa composición de xenisteína, unha isoflavona que causa alteracións no páncreas e na tiroide, e que é un composto xenotóxico para o esperma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.