Lei da gravitación universal
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei da gravitación universal afirma que, se dous corpos posúen masa, ambos están sometidos a unha forza de atracción mutua proporcional ás súas masas e inversamente proporcional ao cadrado da distancia que separa os seus centros de gravidade.[1] Esta lei foi formulada polo físico inglés Isaac Newton na súa obra Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, publicada en 1687, que describe a lei da gravitación universal e as leis de Newton, as tres leis dos corpos en movemento que se asentaron como fundamento da mecánica clásica.[2]
A gravidade é unha forza fundamental de atracción que actúa entre todos os obxectos por causa das súas masas, iso é, a cantidade de materia de que están constituídos. A gravidade mantén os obxectos celestes unidos e ligados, como os gases quentes contidos polo Sol e os planetas, confinados ás súas órbitas. A gravidade da Lúa causa as mareas oceánicas na Terra. A causa da gravitación, os obxectos sobre a Terra son atraídos cara ao seu centro.