Le Dernier Métro
filme de 1980 dirixido por François Truffaut / From Wikipedia, the free encyclopedia
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu.[4] Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra.[5] O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
Le Dernier Métro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le Dernier Métro |
Director | François Truffaut |
Produtor | François Truffaut Jean-José Richer |
Guión | François Truffaut Suzanne Schiffman Jean-Claude Grumberg |
Intérpretes | Catherine Deneuve Gérard Depardieu Jean Poiret |
Música | Georges Delerue |
Fotografía | Néstor Almendros |
Montaxe | Martine Barraqué |
Estudio | Les Films du Carrosse Andrea Films SEDIF SFP TF1 Films Production |
Distribuidora | Gaumont |
Estrea | 17 de setembro de 1980 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama histórico |
Recadación | 23,3 millóns de dólares[1][2] 3 393 694 entradas (Francia)[3] |
Na rede | |
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 53ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.