![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Bandera_de_Le%25C3%25B3n_%2528ciudad%2529.svg/langgl-640px-Bandera_de_Le%25C3%25B3n_%2528ciudad%2529.svg.png&w=640&q=50)
León, España
concello de Castela e León / From Wikipedia, the free encyclopedia
León (en leonés: Llión)[1] é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
León (es) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León ![]() | |||
Capital de | ||||
Capital | León (en) ![]() ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 121.281 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 39,03 km² ![]() | |||
Altitude | 837 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 29 a. C. ![]() | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | José Antonio Diez Díaz (en) ![]() ![]() | |||
Órgano lexislativo | Concello de León , ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24001–24010 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 987 ![]() | |||
Código INE | 24089 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | aytoleon.es ![]() |
O concello acada unha poboación de 120.951 habitantes (2022) e posúe unha área metropolitana (Alfoz de León) de 198.249 habitantes (2020).
Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e pulo de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.