Latín tardío
From Wikipedia, the free encyclopedia
O latín tardío (en latín: latinitas serior) é o nome académico do latín escrito na antigüidade tardía,[1] no período entre os séculos III e VI d.C.[2][3] e continuando até sérculo VII en Iberia,[1] é dicir entre as épocas do latín clásico e o latín medieval. Os eruditos non están de acordo exactamente cando debería terminar o latín clásico ou debería comezar o latín medieval. Porén, o latín tardío caracterízase (con variacións) por un estilo identificábel.
Latín tardío Latinitas serior | ||
---|---|---|
Falado en: | — | |
Rexións: | — | |
Total de falantes: | — | |
Familia: | Indoeuropea Linguas itálicas Latín clásico Latín vulgar Latín tardío | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Imperio Romano de Occidente,
Imperio Romano de Oriente (despois substituído polo Grego koiné), Imperio Galo, Reino Ostrogodo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Ao ser un idioma escrito, o latín tardío non é o mesmo que o latín vulgar, que existía en época anterior. Este último serviu como antepasado das linguas romances. Aínda que os autores do latín tardío empregan unha maior cantidade de vocabulario e construcións do latín vulgar, segue mantendo en gran parte características xenais do latín clásico. Algúns escritos do latín tardío son máis literarios e clásicos, pero outros inclínanse máis ao vernáculo. Ademais, o latín tardío non é idéntico ai latín patrístico cristián, utilizado na teoloxía dos primeiros padres cristiáns. Mentres que os escritos cristiáns usaban un subconxunto do latín tardío, os pagáns tamén escribiron extensamente en latín tardío, especialmente na primeira parte do período.
O latín tardío formouse cando un gran número de pobos de fala non latina na periferia do Imperio Romano eran subsumidos e asimilados e, co xurdimento do cristianismo que introduciu unha maior división na sociedade romana, creando unha maior necesidade dunha linguaxe estándar para comunicarse entre diferentes registros socioeconómicos e rexións moi separadas do extenso Imperio. Un discurso novo e máis universal evolucionou a partir de varios elementos principais: latín clásico; latín cristián, que contaba cun sermo humilis (fala ordinaria) na que dirixirse á zente,[4] e os diversos dialectos do latín vulgar.[5]
Segundo o lingüista Antoine Meillet:
"Sen que se modificara moito a aparencia exterior da lingua, o latín converteuse no transcurso da época imperial nunha nova li0ngua. Servindo como unha especie de lingua franca para un gran Imperio, o latín tendeu a simplificarse, para manterse por encima de todo o que tiñaa de ordinario".[6]