From Wikipedia, the free encyclopedia
O Lancelot-Graal (tamén chamado Lancelot en prosa, Ciclo da Vulgata ou Ciclo de Pseudo-Map) é unha importante fonte literaria de lendas artúricas, escrita orixinalmente en francés. Consiste nunha serie de cinco volumes en prosa que contan a historia da busca do Santo Graal e o romance entre o cabaleiro Lancelot e a raíña Xenevra.
A pesar de os manuscritos do ciclo apuntaren a Walter Map (1140-c.1210) como autor, iso non se considera posíbel actualmente, unha vez que ese escritor morreu cedo demais para ser o verdadeiro autor. Os libros escribíronse no século XIII, entre as décadas de 1210 e 1230.
O Ciclo do Lancelot-Graal é unha prosificacilón que utiliza elementos de antigos romances en verso que popularizaron as historias artúricas, especialmente os do escritor francés Robert de Boron. De maneira xeral, o Lancelot-Graal combinaba historias de carácter mitolóxico coa fe cristiá.
O Ciclo está composto polos seguintes títulos:
O Lancelot-Graal foi logo seguido por outra prosificación, chamada hoxe Ciclo da Pos-Vulgata, baseado na Vulgata mais con varias diferenzas importantes nos personaxes e historias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.