Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ciclo da Pos-Vulgata é un importante conxunto de textos literarios medievais sobre as lendas artúricas, escrito orixinalmente en francés entre os anos de 1230 e 1240. Consiste nunha remodelación do Ciclo do Lancelot-Graal (tamén chamado Vulgata, escrita nos anos 1210-1220), con moitos elementos retirados e moitos outros adicionados.
Comparada coa Vulgata, a Pos-Vulgata dá mais unidade ao material da lenda. O material do Libro de Lancelot da Vulgata, que describe o romance pecaminoso entre Lanzarote do Lago e a raíña Xenevra, foi omitido en gran parte, dandose mais énfase ao libro da Demanda do Santo Graal e aos aspectos cristiáns da historia . Moitos elementos do libro Tristán en Prosa tamén se incorporaron.
A pesar de ser orixinalmente escrito en francés, o ciclo non sobreviveu intacto nesa lingua, mais puide ser reconstruído a partir de fragmentos en francés, galego-portugués e castelán.
A Pos-Vulgata divídese en catro seccións:
O libro mais orixinal da Pos-Vulgata, a Demanda do Santo Graal, sobrevive nun manuscrito do século XV en galego-portugués medieval, conservado hoxe na Biblioteca Nacional de Viena. A tradución galego-portuguesa da Demanda foi orixinalmente escrita no século XIII e considérase como o manuscrito mais completo deste libro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.