Laietanos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os laietanos (en latín laeatani e en grego λαιαιτανοί) foron un pobo ibero que habitaba na costa da actual provincia de Barcelona, entre os ríos Llobregat e Tordera e estendéndose pola chaira do Vallès. A Laietania comprendía aproximadamente as actuais comarcas do Maresme, Barcelonès, Baix Llobregat, Vallès Oriental e Vallès Occidental.
As principais cidades da Laietania foron: Baetulo (Baitolo, actual Badalona, xunto ao río Baetulo, actual Besòs), Ilturo, predecesora de Iluro (Mataró), Lauro (Llerona), Egara (Egosa, Terrassa) e Blanda (Blanes, preto do do río Larnum, actual Tordera).
Barkéno (Barcelona) foi fundada cara ao século VI a.C. na cara sur da montaña de Montjuïc como porto na desembocadura do río Llobregat, aínda que máis tarde foi refundada polos cartaxineses. Anteriormente existira unha cidade en Montjuïc, probablemente chamada Laie ou Laiez, que dá nome aos laietanos. Coñécense cuñaxes de moeda procedentes de cecas establecidas en Barkeno e de Laiesken.[1][2]
Tamén houbo outros asentamentos polo seu territorio como o poboado ibero de Puig Castellar en Santa Coloma de Gramenet ou o poboado do Far, en Llinars del Vallès.
Como outros pobos iberos, construían os seus poboados sobre cerros e rodeados de murallas; as casas eran rectangulares e de pedra. Vivían da caza, a pesca e a agricultura e tecían la e liño. A súa cerámica era pouco desenvolvida e traballaban o bronce e o ferro. Almacenaban o gran en Celeiros. Os seus viños eran apreciados. Un dos seus alimentos básicos foi un derivado lácteo similar ao iogur.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.