Lago Mälar
From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Mälar (s. Malaren, "O Mälar") é o terceiro lago de auga doce máis grande de Suecia, tras o Vänern e o Vättern. A súa superficie é de 1 140 km² e a súa parte máis profunda ten 64 m. O Mälaren esténdese 120 quilómetros de leste a oeste. O lago drena, dende o suroeste cara ao nordés, ao mar Báltico a través das súas saídas naturais nos ríos Norrström e Söderström (que flúen cara a illa de Stadsholmen), e a través das saídas artificiais da canle de Södertälje e da vía fluvial de Hammarbyleden. A baía máis ao leste do Mälar, no centro de Estocolmo, chámase Riddarfjärden. O lago está situado en Svealand e limita coas provincias de Uppland, Södermanland, Närke e Västmanland. As súas dús illas máis grandes son Selaön (91 km²) e Svartsjölandet (79 km²).
Lago Mälaren | |
---|---|
País | Suecia |
Superficie | 1 140 km² |
Profundidade | 64 m |
Prof. media | 13 m |
Cidades | Estocolmo, Enköping, Köping, Södertälje, Strangnas, Torshälla e Västerås |
Os asentamentos da era viquinga de Birka, na illa de Björkö, e de Hovgården, na illa de Adelsö, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993, ao igual que o Palacio de Drottningholm na illa de Lovön. O túmulo de Björn Järnsida atópase na illa de Munsö.