lago de Suecia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vättern é o segundo lago máis grande de Suecia, despois do Vänern, e o sexto máis grande de Europa. É un corpo de auga alongado no centro da parte sur do país que apunta cara a punta de Escandinavia.
A superficie total do lago e de 1 912 km², cunha conca de drenaxe un pouco maior do dobre desa cantidade, duns 4 503 km². O seu punto máis profundo, situado no sur da illa de Visingsö, ten 128 metros, mentres que a profundidade media é de 41 metros. O lago ten un perímetro duns 642 quilómetros. O seu volume é de 77,0 km3.
Situado en Götaland, o lago é drenado polo Motala ström, que comeza en Motala, e flúe finalmente a través dunha canle controlada cara ao mar Báltico. O lago contén a pintoresca illa de Visingsö, situada en fronte de Gränna. Outras cidades que se atopan nas ribeiras do lago son Vadstena, Jönköping, Hjo, Askersund, Åmmeberg e Karlsborg. Limita coas provincias de Västergötland, Närke, Östergötland e Småland.
No norte hai un fiorde interior peculiar pero non montañoso chamado Alsen. Ao redor do 62% da conca de drenaxe está cuberta de abetos, piñeiros e bosque caducifolio. Un 26,7% está dedicada ao agro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.