![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Hj%25C3%25A4lmaren.jpg/640px-Hj%25C3%25A4lmaren.jpg&w=640&q=50)
Lago Hjälmar
From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Hjälmar (en s. Hjälmaren, "O Hjälmar") é o cuarto lago máis grande de Suecia. Está situado nas terras baixas centrais suecas, ao lado do lago Mälaren, a través do que drena as súas augas cara ao mar Báltico ao oeste de Estocolmo. Está conectado ao Mälaren pola canle Hjälmare, unha vía fluvial de 13 quilómetros. O lago limita cos condados de Södermanland, Närke e Västmanland.
Datos rápidos
Lago Hjälmaren | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
País | ![]() |
Superficie | 483 km² |
Lonxitude | 63 km |
Ancho | 20 km |
Profundidade | 20 m |
Prof. media | 6,2 m |
Cidades | Örebro |
Referencia | [1] |
Pechar
O Hjälmaren ten 63 quilómetros de longo e uns 20 de ancho. Ten unha profundidade media de 6,2 metros e unha superficie de 483 km². A cidade de Örebro está situado no extremo occidental do lago.
O rebelde Engelbrekt Engelbrektsson foi asasinado no ano 1436 en Engelbrektsholmen, un illote dentro do lago Hjälmaren.