grupo da familia dos lagartos From Wikipedia, the free encyclopedia
O grupo das lagartas pertence á familia de réptiles escamosos dos lagartos. As lagartas son orixinarias da África, e encóntranse espalladas en todas as zonas temperadas e quentes do mundo. Son importantes nos ecosistemas porque, como insectívoros, funcionan como "controladores" de pragas domésticas.[Cómpre referencia]
As lagartas poden subir paredes, mesmo de vidro, e até andar sobre teitos grazas ás forzas de van der Waals estabelecidas polas cerdas existentes nas súas patas. Algunhas especies presentan capacidade de camuflaxe similar á do camaleón. Outras especies de lagartas comunícanse entre si a través de ruídos -o que non é moi común entre lagartos-.
A lagarta posúe respiración estritamente pulmonar, a súa circulación é fechada, dupla e completa, posúe pel seca e recuberta por escamas. É pecilotérmico e o sistema dixestivo é completo.
Unha característica interesante nas lagartas é a capacidade de rexenerar o seu rabo. Cando se sente en perigo, a lagarta desprende a cauda, que non perde o movemento durante algúns minutos, o que eventualmente desorienta os seus predadores. A rexeneración completa do rabo ocorre en dúas semanas.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.