Lady Byron
From Wikipedia, the free encyclopedia
Anna Isabella Noel Byron, nada en Durham o 17 de maio de 1792 e finada en Londres o 16 de maio de 1860, undécima baronesa Wentworth e baronesa Byron, coñecida como Lady Byron, foi unha aristócrata inglesa. Estudou matemáticas e astronomía, e mostrou interese por estas ciencias paralelamente ao desenvolvemento que estaban a experimentar naquel momento. As súas inquedanzas empurrárona a tratar de mellorar as desigualdades sociais, ás que dedicou boa parte dos seus esforzos. Fundou a Ealing Grove School, baseada nos principios pedagóxicos de Emanuel de Fellenberg. Era antiescravista e loitadora pola igualdade de dereitos das mulleres.[1]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Anna Isabella Byron en 1812 por Charles Hayter | |
Nome orixinal | (en) Anne Isabella Noel Byron, 11th Baroness Wentworth and Baroness Byron (née Milbanke) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Anne Isabella Milbanke 17 de maio de 1792 Elemore Hall, Pittington, Durham, Inglaterra, Reino Unido |
Morte | 16 de maio de 1860 (67 anos) Londres |
Causa da morte | Cancro de mama |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
Datos persoais | |
Residencia | Seaham Hall (en) |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (–1801) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e matemáticas |
Ocupación | aristócrata (1815–), poetisa , escritora , matemática , activista |
Profesores | William Frend (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Outro | |
Título | Baron Wentworth (en) (1856–1860) Baronesa (1815–) |
Cónxuxe | Lord Byron |
Fillos | Ada Lovelace |
Pais | Sir Ralph Milbanke e Judith Noel e Judith Noel (en) |
Pechar
Tivo unha filla, a matemática Ada Lovelace[2].