From Wikipedia, the free encyclopedia
Lacerta bilineata é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos.
Lacerta bilineata | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lacerta bilineata Daudin, 1802 | |||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Lacerta bilineata | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Lacerta bilineata (en verde) e Lacerta viridis (en azul). En amarelo, zona de hibridación. | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É un lagarto de gran tamaño,[2] que vive en gran parte da Europa occidental, incluídos algúns puntos de Asturias case nos límites de Galicia.
Cómpre non confundila con Lacerta viridis, moi semellante, e que incluso até hai moi pouco tempo era considerada como unha das súas subespecies, Lacerta viridis bilineata, pero que vive máis ao leste de Europa (ver mapa de distribución das dúas especies na ficha lateral).
A especie foi descrita en 1802 polo zoólogo francés François Marie Daudin, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Reptiles; ouvrage faisant suit à l'Histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon; et rédigee par C.S. Sonnini, membre de plusieurs sociétés savantes. Volume 4. París: F. Dufart. (Texto completo).
Para a do xénero, ver Lacerta.
O epíteto específico, bilineata, Daudin tomouno do adxectivo do latín científico bilineatus, -a, -um, formado a partir do prefixo bi-, "de dous", "de dúas", e o nome do latín clásico linea, -ae, "liña". Literalmente "a que ten dúas liñas", en referencia é dúas liñas pálidas presentes nos flancos dos individuos xuvenís.
A especie coñeceuse tamén, entre outros, polos sinónimos:[3]
Na actualidade recoñécense as seguintes subespecies:[4]
As subespecies bilineata, chloronota e fejervaryi foron descritas orixinalmente como tales para Lacerta viridis por Engelmann (1986).[5][6] A validez do estado das subespecies de Lacerta bilineata chlorosecunda e L. b. fejervaryi é cuestionada por algúns autores.[3]
Segundo o Vocabulario forestal, editado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, é lagarto verde,[7] termo que resulta algo confuso xa que hai dúas especies de lagartos verdes (ademais do arnal, que tamén é verde), Lacerta bilineata e Lacerta viridis, polo que noutros idiomas si os distinguen: Western green lizard, en inglés; lagarto verde occidental, en castelán.[7]
Aínda hai unha discusión en curso sobre se Lacerta viridis e Lacerta bilineata son especies separadas. Os datos apoian debilmente a súa separación en dúas especies, pero cómpre facer máis investigacións. Os expertos da UICN seguen a tendencia recente de considerar a Lacerta viridis e L. bilineata como especies separadas, pero isto só está debilmente respaldado por datos xenéticos.[8][9][10] A taxonomía actualmente aceptada do "complexo Lacerta viridis-bilineata" require máis investigacións.[11]
Amann et al . (2001) identificaron unha zona de hibridación de Lacerta viridis e L. bilineata no NE de Italia e na parte adxacente de Eslovenia,[8] na que se podía detectar un fluxo xénico restrinxido e asimétrico, principalmente de leste a oeste.[12]
Este tipo de zona híbrida de species in statu nascendi permanecerá restrinxido espacialmente, pero pode ser estábel durante moito tempo, se se estabiliza mediante invasión e evasión, hibridación e selección equivalentes.[13]
Os híbridos mostran unha fertilidade reducida (Rikena 2002).[14] Sería un caso de depresión de consanguinidade.
Lacerta bilineata alcanza unha lonxitude media (sen contar a cola) duns 13 cm, e unha lonxitude máxima de até 40 cm, incluíndo a cola. A cola pode acadar unha lonxitude dupla que a da cabeza e o tronco. A cabeza dos machos é máis grande cá das femias e, a miúdo, presenta unha garganta azul. A súa masa corporal media é duns 35 g. A súa coloración é dun verde brillante. Os xuvenís son de cor case marrón, co ventre amarelado e con de dúas a catro liñas lonxitudinais pálidas ao longo dos flancos. Os subadultos tamén teñen estas liñas, xunto con varias pequenas manchas maróns nas costas.[15]
Encóntrase en áreas cubertas de herba con árbores e arbustos dispersos e en zonas húmidas con vexetación, en matogueiras e bosques (caducifolios e mixtos). Tamén se pode encontrar nos bordos dos bosques, e nas cercas e sebes de terras cultivadas de xeito tradicional (incluídos os viñedos). Está presente desde o nivel do mar até altitudes de 2 160 m.[1]
A especie distribúese polo suroeste e o sur de Suíza, a maior parte de Francia (excepto partes do nordeste), Mónaco, a maior parte de Italia, o oeste de Eslovenia (onde coincide, e se hibrida con Lacerta viridis, o oeste de Croacia, o sur de Austria, Andorra e o norte de España (Asturias, Cantabria, País Vasco, o Sistema Ibérico e os Pireneos). Hai, ademais unhas poboacións, illadas do resto da súa área de dispersión, no suroeste de Alemaña. Tamén está presente nas illas de Elba, Sicilia e Jersey (nas illas do Canal, Reino Unido), e está introdíndose en Guernsey.[1]
Introduciuse en Kansas, nos Estados Unidos.[1][16]
Lacerta bilineata é un animal territorial. Aliméntase de artrópodos, principalmente de insectos grandes. Chega á madurez sexual aos dous anos, cado miden uns 8 cm (excluíndo a cola). Os machos loitan entre eles, especialmente no período de apareamento, sendo moi agresivos cos seus rivais. O ritual de apareamento é moi preciso, e empeza cunha trabada na base da cola da femia. As femias poñen de 6 a 25 ovos nun lugar húmido e quente, como poden ser troncos podres. A duranción media da súa vida é duns 15 anos.[15]
Este lagarto está localmente amenazado pola perda de hábitat debido á extendión dos cultivos intensivos, o exceso de gando, a queima de matogueiras e arboredos, e pola contaminación por pesticidas. A conversión, nalgúns lugares, dos cultivos agrícolas tradicionais (por exemplo, os viñedos) a métodos intensivos, é unha ameaza para as súas poboacións.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), cualfica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido á súa ampla distribución, a que presumibelmente a súa poboacióbn é grande, e porque é pouco probábel que diminúa o suficientemente rápido como para a súa inclusión nunha categoría ameazada.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.