filme español de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona From Wikipedia, the free encyclopedia
La sociedad de la nieve é un filme de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona. Conta a historia do accidente aéreo dos Andes de 1972.[4] É unha adaptación do libro homónimo de Pablo Vierci,[5] o cal documenta os acontecementos que viviron os 16 superviventes do accidente, moitos dos cales Vierci coñecía dende a infancia.[6] O elenco está composto por actores uruguaios e arxentinos, a maioría deles facendo o seu debut no cinema.[7]
La sociedad de la nieve | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La sociedad de la nieve |
Director | J. A. Bayona |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | La sociedad de la nieve de Pablo Vierci |
Intérpretes |
|
Música | Michael Giacchino[1] |
Fotografía | Pedro Luque |
Montaxe | Jaume Martí |
Estudio | Misión de Audaces Films El Arriero Films Netflix |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 9 de setembro de 2023 |
Duración | 144 minutos |
Orixe | España Uruguai Chile[2] |
Xénero | Suspense e supervivencia |
Orzamento | 60 millóns de euros[3] |
Na rede | |
O filme pechou a 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia fóra da competición.[8] Estreouse nos cinemas do Uruguai o 13 de decembro de 2023[9] e nos de España o 15 de decembro de 2023,[10] antes da súa estrea en Netflix o 4 de xaneiro de 2024.[11]
La sociedad de la nieve recibiu a aclamación da crítica, moitos deles considerándoa a mellor obra de Bayona. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[12] sendo finalmente nomeado nesta categoría e na de mellor maquillaxe.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.