La casa de papel
serie de televisión española / From Wikipedia, the free encyclopedia
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos. Netflix adquiriu os dereitos de distribución da serie posteriormente, motivo polo cal a súa audiencia se estendeu cara a outros países, xeralmente baixo o nome de Money Heist.[1]
![]() | |
Formato | Intriga, humor negro e acción |
---|---|
Creado por | Álex Pina |
Desenvolvido por | Vancouver Media |
Dirixido por | Jesús Colmenar Miguel Ángel Vivas Álex Rodrigo Alejandro Bazzano Javier Quintas |
Intérpretes | Úrsula Corberó Itziar Ituño Álvaro Morte Paco Tous Pedro Alonso Alba Flores Miguel Herrán Jaime Lorente Esther Acebo Enrique Arce María Pedraza Darko Peric Kiti Mánver |
Tema de apertura | My life is going on |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 3 |
Episodios | 22 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Atresmedia (Parte 1 e 2) Netflix (Parte 3) |
Duración | 75 minutos (aprox.) |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | ![]() ![]() |
Formato de imaxe | 1080i |
Primeiro episodio | 2 de maio de 2017 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80192098 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a serie de fala non inglesa máis vista na historia de Netflix.[2] A plataforma confirmou a produción de novos episodios para o ano 2019, nos que o creador e produtor executivo Álex Pina contará coa maior parte da repartición.[3]