La Higuera
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
La Higuera é unha pequena localidade situada ao sur da provincia Vallegrande no departamento de Santa Cruz en Bolivia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bolivia | |||
Departamentos | Departamento de Santa Cruz | |||
Provincia | Provincia Vallegrande | |||
Poboación | ||||
Poboación | 119 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 2.160 m | |||
La Higuera (a figueira) debe o seu nome á abundante existencia, en épocas pasadas, da árbore do mesmo nome, cuxo froito é o figo.
Atópase nos Andes a unha altura de 2.160 metros.
A localidade é coñecida por ser o lugar onde, o 9 de outubro de 1967, o sarxento do exército boliviano Mario Terán executou na escola o Che Guevara,[1][2] líder do Exército de Liberación Nacional de Bolivia (Guerrilla de Ñancahuazú), e ao seu compañeiro de armas Simeón Willy Cuba-Sanabria, despois da batalla da "quebrada" do Yuro, cando foi ferido e apresado, disolvéndose así o grupo tras dous anos de enfrontamento.
Na escola onde foi executado funciona na actualidade un museo na súa memoria. Por toda a vila hai inscricións, monumentos e homenaxes ao guerrilleiro arxentino-cubano.[3]
O 9 de outubro de 2016 realizouse en La Higuera unha homenaxe ao Che na que participaron dous centos de persoas, entre elas o ministro de Cultura de Cuba, Abel Nieto.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.