From Wikipedia, the free encyclopedia
La Defensa foi un periódico editado en Betanzos entre 1906 e 1910.
La Defensa | |
---|---|
Fundación | 1906 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Betanzos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Subtitulado Órgano de las Asociaciones de Agricultores, apareceu o 5 de agosto de 1906. Fundado por Víctor Naveira Pato, dirixiuno Wenceslao Fernández Flórez ata xuño de 1907, e despois Antonio Carballo Tenorio. Entre os seus colaboradores estaban Ángel del Castillo, Benito Calderón, Xosé Fontenla Leal, Rof Codina, Manuel Vázquez Seijas, Pablo Pérez Costanti e Manuel Murguía. Era un semanario católico e tradicionalista que apoiou o agrarismo de Solidaridad Gallega e contou cos recursos económicos da familia Naveira. Incluíu artigos de carácter político, críticas ao xornal opositor La Aspiración, información sobre agricultura e gandería, e diversos folletíns como o Refraneiro agrícola-metereolóxico, de Salvador Golpe, e La arquitectura cristiana en Galicia, de Angel del Castillo. Tamén inseriu como folletín o Catecismo da doutrina labrega, de Marcos da Portela. Cesou a súa edición en 1910.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.