cantante australiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Kylie Minogue, nada en Melbourne o 28 de maio de 1968, é unha cantante de música pop australiana. Leva vendidos máis de 60 millóns de discos ao longo da súa carreira.
Naceu no seo dunha familia dedicada ao teatro, o que lle levou nos seus inicios a participar en varias series da televisión australiana. O seu principal traballo foi na serie Neighbours, unha das de maior éxito naquel país. Mentres traballaba nesta serie, xurdiulle a oportunidade de gravar o tema "The Loco-Motion", para Mushroom Records. O resultado foi tan bo, que editaron un sinxelo que saíu á venda e o tema permaneceu durante sete semanas como número un das listas australianas.
Alcanzou a fama a finais dos anos 80 como resultado do seu papel na serie de televisión australiana Neighbours (Veciños), antes de comezar a súa carreira como cantante pop e artista. A súa irmá, Dannii Minogue, tamén é cantante.
Logo de asinar un contrato cos compositores e produtores discográficos Stock, Aitken e Waterman, Minogue conseguiu unha cadea de éxitos a nivel internacional, pero a súa popularidade empezou a declinar a comezos dos anos 90, levándoa a separarse da compañía de Stock, Aitken e Waterman en 1992. Durante varios anos intentou establecerse como intérprete e compositora independente, distanciándose dos seus traballos iniciais. Durante esta etapa de exploración persoal, colaborou coa banda australiana Nick Cave & The Bad Seeds coa canción "Where the Wild Roses Grow", que tivo grande éxito en Australia.
No ano 2000, volveu á popularidade como artista dance-pop. Co seu regreso ao número 1 das listas co seu sinxelo "Spinning Around" e a súa presentación nas Olimpíadas do 2000, Kylie e Madonna convertéronse nas únicas cantantes femininas en ter números 1 nos anos 80, 90 e 2000.
En Australia ostenta o récord de maior número de entradas de concerto vendidas por unha intérprete feminina, e foi a única en colocar nove singles no posto número un das listas australianas. No ano 2002 o seu álbum Fever chegou a multiplatino mundial e levou a cabo o seu tour "KylieFever2002".
No ano 2003 Kylie regresou con novo álbum; despois do sinxelo "Slow" (cuxa coautora foi a cantante islandesa Emilíana Torrini), o álbum chegou a vender máis de 2 millóns de copias. En 2004 gañou o Grammy na categoría 'Best Dance Recording' pola súa canción "Come Into My World".
Para celebrar 17 anos de carreira musical Kylie sacou á venda Ultimate Kylie unha compilación coas cancións que marcaron a súa carreira durante as últimas 2 décadas.
En novembro de 2007, Kylie publicou o seu décimo álbum de estudio, X, e o seu primeiro single, "2 Hearts", foi todo un éxito nas listas de vendas, incluído a española, onde chegou ao número 1 dos singles máis vendidos durante máis dun mes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kylie Minogue |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.