![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Flag_of_Kurilsk_%2528Sakhalin_oblast%2529.png/640px-Flag_of_Kurilsk_%2528Sakhalin_oblast%2529.png&w=640&q=50)
Kurilsk
cidade de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kurilsk (en ruso: Курильск, en xaponés: 紗那村 Shanamura) é unha cidade de Rusia, situada na illa de Iturup, nas illas Kuriles (na Óblast de Sakhalin).[1][2][3] Fundada no século XVIII, habitada inicialmente polo pobo ainu,[2] a illa foi o fogar dunha colonia rusa a finais do século XVIII, e máis tarde dunha guarnición xaponesa (c. 1800).[4] En 1855, Iturup foi recoñecido como territorio xaponés polo Tratado de Shimoda.[4]
Курильск (ru) ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Illas Kuriles ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Óblast de Sakhalin | |||
Entidade territorial administrativa | Kurilsky District (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.519 (2020) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1 km² ![]() | |||
Bañado por | Kurilka (en) ![]() ![]() | |||
Altitude | 30 m ![]() | |||
Creación | século XVIII ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 694530 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Identificador OKTMO | 64720000001 ![]() | |||
Identificador OKATO | 64220501000 ![]() | |||
Páxina web | курильск-адм.рф ![]() |
En novembro de 1941, a illa, e outras, serviron de lugar de espera para a frota que navegaba para atacar Pearl Harbor.[4] En 1945, a illa foi ocupada pola Unión Soviética tras a derrota do Xapón ao final da segunda guerra mundial.[4]
A súa economía baséase na pesca, principalmente do salmón.[5][6] A illa conta cun porto e un aeroporto.[3]