![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Krakatoa_eruption_lithograph.jpg/640px-Krakatoa_eruption_lithograph.jpg&w=640&q=50)
Krakatoa
volcán cerca da illa indonesia de Rakata, no estreito de Sonda / From Wikipedia, the free encyclopedia
Krakatoa (ou Krakatau na lingua indonesia) é un arquipélago, antiga illa e caldeira volcánica[1] situado en Indonesia no estreito de Sonda entre as grandes illas de Xava e Sumatra. A caldeira forma parte dun grupo de illas volcánicas chamado arquipélago de Krakatoa, que comprende catro illas: dúas das cales, Lang e Verlaten, son os restos que quedan dun edificio volcánico maior previo que foi destruído moito antes da sonada erupción de 1883; outra illa, Rakata, é o que queda da illa máis grande destruída na erupción de 1883 (Krakatoa). A cuarta illa do arquipélago formouse na caldeira de 1883 no ano 1927 debido a novas erupcións e denomínase Anak Krakatau ou "Fillo do Krakatoa". Desde finais do século XX houbo novas actividades eruptivas alí, cun gran colapso que causou un importante tsunami en decembro de 2018. As últimas erupcións foron en 2020[2] e 2022.[3]
Krakatoa (Krakatau) | |
---|---|
![]() Litografía de 1888 da erupción do Krakatoa de 1883 | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Ningunha (estreito de Sonda) |
Localización administrativa | |
Localización | ![]() |
Características xerais | |
Altitude | 183 m |