![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6e/Kingsholm_in_2007.jpg/640px-Kingsholm_in_2007.jpg&w=640&q=50)
Kingsholm Stadium
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kingsholm Stadium é un estadio de rugby da cidade de Gloucester, en Inglaterra, con capacidade para 16.500 seareiros, no que disputa como local os seus encontros o Gloucester Rugby, un dos clubs máis importantes da Premiership inglesa.
Datos rápidos Datos, Coordenadas ...
Kingsholm Stadium | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 51°52′18″N 2°14′34″O |
Localización | Gloucester, Inglaterra |
Construción | |
Inauguración | 1891 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 16.500 |
Propietario | Gloucester Rugby |
Localía | Gloucester Rugby |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Inaugurado en 1891, neste recinto xogouse en 1900 un encontro do Seis Nacións cando o torneo aínda se chamaba Home Nations Championship e as seleccións de Francia e Italia aínda non competían nel. O Kingsholm Stadium acolleu tamén un encontro da Copa do Mundo de Rugby na súa edición de 1999 e acollerá catro encontros na edición de 2015. No ano 2000 foi unha das sedes da Copa do Mundo de Rugby League.