equipo finés de hóckey sobre xeo feminino From Wikipedia, the free encyclopedia
O KeuPa HT Naiset ou simplemente KeuPa Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Keuruu (Finlandia). O equipo foi fundado en 2023 e na tempada do seu debut conseguiu o ascenso dende a terceira categoría á Naisten Mestis logo de gañar todos os partidos do seu grupo (20) cun rexistro de 215 goles a favor e tan só 20 en contra, e finalizar a liga de promoción na segunda posición por detrás do PaRa (que xa disputara a Mestis esa tempada) cun rexistro de dúas vitorias e unha derrota, e con cinco goles anotados fronte a seis encaixados.
KeuPa HT Naiset | |
---|---|
Fundación | 2023 |
Cidade | Keuruu, Finlandia Central Finlandia |
Estadio | Peurungan jäähalli (350 persoas) |
Liga | Naisten Suomi-sarja |
Adestrador | Lauri Saari |
Cores | Vermello, azul, branco e negro |
Na rede | |
https://www.keupa.fi/joukkueet/juniorit/keupa-ht-naiset/ |
Durante a súa primeira tempada o KeuPa HT Naiset xogou os seus partidos como local no Peurungan jäähalli de Laukaa, un pavillón cunha pista de 26 x 56 metros e con capacidade para 350 persoas nas súas bancadas.[1]
A primeira capitá do equipo foi Iidaliina Janatuinen durante a tempada 2023-24 da Naisten Suomi-sarja.[2]
Nome(s) | Período | – | Iidaliina Janatuinen | 2023- |
---|
Na primeira tempada do equipo Lauri Saari foi o encargado de dirixilo.[3]
Nome(s) | Período |
---|---|
Lauri Saari | 2023- |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.