![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Kelly_Knight_Craft.jpg/640px-Kelly_Knight_Craft.jpg&w=640&q=50)
Kelly Craft
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kelly Dawn Knight Craft (de solteira Guilfoil), nada en Lexington o 24 de febreiro de 1962, é unha política estadounidense, embaixadora dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas desde 2019 até 2021.[1] Anteriormente foi embaixadora dos Estados Unidos no Canadá, a primeira muller en ocupar o cargo.[2][3][4]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Kelly Knight Craft ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1962 ![]() Lexington, Estados Unidos de América ![]() |
30ª Lista de representantes permanentes dos Estados Unidos junto às Nações Unidas em Nova Iorque (pt) ![]() | |
12 de setembro de 2019 – 20 de xaneiro de 2021 ← Jonathan Cohen (en) ![]() ![]() | |
United States Ambassador to Canada (en) ![]() | |
23 de outubro de 2017 – 23 de agosto de 2019 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Kentucky Glasgow High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política , fundador (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Participou en | |
Global Conference 2020 (en) ![]() ![]() |
|
Familia | |
Cónxuxe | Joe Craft (2016–) |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi nomeada polo presidente George W. Bush como delegada dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas en 2007, onde o seu enfoque incluíu a participación dos Estados Unidos en África.[5][6]Foi delegada da Convención Nacional Republicana de 2016 por Kentucky. Dirixiu Kelly G. Knight LLC, unha firma de asesoría comercial con sede en Lexington (Kentucky).[7]
Despois de ser confirmada polo Senado dos Estados Unidos, tomou xuramento oficial como embaixadora ante as Nacións Unidas o 10 de setembro de 2019.[8] Presentou as súas cartas credenciais ao Secretario Xeral António Guterres o 12 de setembro de 2019.[9]