![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Katherine_Johnson_1983.jpg/640px-Katherine_Johnson_1983.jpg&w=640&q=50)
Katherine Johnson
matemática e informática estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Katherine Coleman Goble Johnson, nada en White Sulphur Springs (Virxinia Occidental), o 26 de agosto de 1918 e finada en Newport News (Virxinia) o 24 de febreiro de 2020,[1] foi unha física, científica espacial e matemática estadounidense que contribuíu á aeronáutica dos Estados Unidos e aos seus programas espaciais coa aplicación temperá dos computadores electrónicos dixitais na NASA. Coñecida pola súa precisión na navegación astronómica, calculou a traxectoria para o Proxecto Mercury e o voo do Apollo 11 á Lúa en 1969.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar