escritor checo From Wikipedia, the free encyclopedia
Karel Čapek [ˈkarɛl ˈʧapɛk], nado en Malé Svatoňovice (Bohemia, Imperio Austrohúngaro) o 9 de xaneiro de 1890 e finado en Praga o 25 de decembro de 1938, foi un escritor en lingua checa. É coñecido por ser o creador do concepto de robot, que apareceu por vez primeira na súa obra de teatro R.U.R (1920). Como homenaxe, moitos lectores adoitan deixar robots en miniatura na súa tumba no cemiterio de Praga.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Un dos seus primeiros relatos fantásticos é Továrna na Absolutno ("A fábrica do Absoluto", 1922). Nun Universo concibido segundo as teorías panteístas de Baruch Spinoza e as da relatividade de Albert Einstein, o invento dun enxeñeiro trastorna a conduta humana e a social cando, desintegrando a materia para producir enerxía, libera tamén o místico "Divino Absoluto".
Unha obra que se adoita encadrar no xénero da ciencia ficción polo seu carácter distópico é Válka s Mloky ("A guerra das píntegas", 1936), novela de fina ironía que se considera unha sátira sobre o nazismo e o capitalismo. Na costa de Sumatra descóbrese unha nova especie de criatura, unha píntega xigante do xénero Andrias, capaz de aprender dos humanos malia non ter en principio unha intelixencia similar. O sistema capitalista mundial aprovéitase das criaturas para realizar todo tipo de labores ingratas ao ser humano, e todos os países comezan a adquirilas en gran número. Mais case ninguén é consciente de que a extensión das píntegas polo planeta Terra é unha ameaza. Critícase sucintamente no libro o Nacionalsocialismo emerxente e un sistema económico e unha orde mundial incapaces (e non interesados) en pararlle os pés. Amais do fondo político e filosófico, a novela de Čapek inclúe chiscadelas ao mundo periodístico (Čapek colaborou con diversas publicacións, como Lidové noviny).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.