From Wikipedia, the free encyclopedia
Kanye Omari West, nado o 8 de xuño de 1977 en Atlanta, é un produtor musical e rapeiro estadounidense. O seu primeiro álbum foi The College Dropout en 2004, seguíronlle Late Registration en 2005, Graduation en 2007 e 808s & Heartbreak en 2008. Todos eles recibiron premios, logrou doce Premios Grammy, recoñecemento da crítica e todos eles constituíron grandes éxitos comerciais.
West creceu en Chicago, seu pai Kay West era membro das Panteras Negras e a súa nai Dora era profesora de inglés na Universidade de Chicago. Mentres acudía ó instituto xa producía para artistas locais, xa antes de se dar a coñecer como cantante era un coñecido produtor da Roc-A-Fella Records a partir do seu traballo no álbum de Jay-Z The Blueprint e en sinxelos de artistas como Alicia Keys, Ludacris e Janet Jackson. En 2004 West funda o seu propio selo discográfico GOOD Music, producindo para artistas como John Legend, Common e outros menos coñecidos como Consequence, GLC ou Fonzworth Bentley.
Na actualidade está casado con Kim Kardashian e a parella ten tres fillos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.