Cantante e compositora de R&B e soul estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia Augello Cook, coñecida como Alicia Keys, nada o 25 de xaneiro de 1981 en Manhattan (Nova York), é unha cantante e compositora de R&B e soul.
A súa nai, Terri, é ítalo-irlandesa, e o seu pai, Craig, é estadounidense de ascendencia xamaicana. Viviu desde os dous anos xunto á súa influente nai, despois de que os seus pais se separasen. Alicia Keys vendeu en todo o mundo máis de 28 millóns de discos e gañou numerosos premios, incluídos 11 Grammys, 17 Premios Billboard e tres American Music Awards. O seu álbum debut "Songs in a minor" gañou 5 grammys nunha soa noite un récord para as mulleres artistas que comparte con Lauryn Hill (1999), Norah Jones (2003), Beyoncé ( 2004), e Amy Winehouse (2008).
Criada no barrio de Hell's Kitchen, desde os 7 anos comezou a tocar piano (en especial Chopin) e música clásica. Cun talento similar ó de artistas como D'Angelo ou Prince, seguiu desenvolvendo a composición, produción e gravación do seu primeiro álbum, un disco no que empezou a traballar ós 14 anos, cando escribiu a súa primeira canción, Butterflyz, a que é parte do seu primeiro álbum Songs in A Mirror.
Para "escapar" do barrio onde creceu refuxiouse nos estudos e foi aceptada na Universidade de Columbia, aínda que nunca asistiu por estar xa metida de cheo na súa música.
Clive Davis (o descubridor de Whitney Houston anos atrás) descubriuna en Aresta Records e lanzou o 26 de xuño de 2001 Songs in A Minor co que conseguiu cinco premios Grammy; incluíndo os prezados Mellor Artista Novo e Canción do Ano (por Fallin')
A maior parte dos temas do álbum, incluíndo unha composición tan luminosa como "Fallin'" ou a impactante "Troubles", foron compostos e producidos por ela mesma. Ademais, Alicia colaborou con Jermaine Dupri en "Girlfriend" e con Isaac Hayes en "Rock Wit Ou" (incluído na banda sonora da película "Shaft").
En 2003 presentou o seu segundo álbum The Diary of Alicia Keys', un disco inspirado na música americana dos anos 70, producido por Peter Edge, Jeff Robinson e pola propia Alicia Keys. O disco en si, e a colaboración que realizou en 2004 co cantante Usher para o tema "My Boo" valéronlle 8 nomeamentos aos premios Grammy 2005. Gañando en tres ternas por material do álbum e nunha por "My Boo". Cabe destacar o nomeamento de "If I Ain't Got You" como Canción do Ano e do álbum como Disco Do Ano, dous das máis importantes categorías dos Grammy.
En outubro de 2005 lanzouse á venda o disco "Unplugged", álbum en vivo das descontinuadas series de concertos acústicos da MTV que Keys trouxo de novo á luz. O álbum debutou no n°1 de vendas dos Estados Unidos; convertendo a Keys na primeira cantante feminina de r&b en debutar consecutivamente con tres álbums no n°1. Á parte de ser o segundo unplugged con mellores vendas na primeira semana, só superado polo de Nirvana. O disco Unplugged valeulle 4 nomeamentos ós Grammy 2006, máis unha por un dueto co seu corista Jermaine Paul que aparece no disco "So Amazing" (un tributo ao falecido Luther Vandross), a canción nomeada é un remake do clásico de Vandross "If This World Were Mine".
Así, Alicia Keys suma á data 19 nomeamentos ó Grammy, 9 Grammys debaixo do brazo e tres álbums número un nos Estados Unidos.
Recentemente Keys gravou un dueto xunto a Bono de U2 para axudar á organización contra a SIDA, Keep A Child Alive, da cal Keys é portavoz mundial. O tema é unha versión de "Don't Give Up" de Peter Gabriel. Rebautizado por Keys e Bono como: "Don't Give Up (Africa)". Todo o recadado irá en favor da organización que proporciona medicamentos para tratar o VIH nos países máis pobres de África, principalmente para os nenos.
"As I am" saíu á luz o día 13 de novembro de 2007. É un traballo no que contou coa axuda da compositora Linda Perry, que contribúe con tres temas, entre eles "The Thing About Love", canción que Alicia Keys interpretou no Live Earth. Neste disco achegouse máis ó rock e ó funk que en álbums anteriores. "Fun totalmente libre á hora de compoñer e o resultado supera as expectativas", dixo Keys en declaracións a Billboard.
A saída do seu cuarto álbum supuxo un notable éxito de vendas na primeira semana ao vender 742,000 copias,outorgandolle o primeiro lugar no Billboard Pop 200 e converteuse xunto a Britney Spears na única artista feminina en ter os seus primeiros catro álbums no número 1 do Billboard; mentres tanto o Single No one chega á primeira posición do Billboard Hot 100. Tan só en 90 días No one superou as 40000000 visitas en Youtube e foi un dos vídeos musicais máis vistos do ano na páxina.
Principais influencias: Stevie Wonder, Whitney Houston, Marvin Gaye, Nina Simone, Donny Hathaway, Tupac Shakur, Wu Tang e Prince.
Ano | Canción | Posicións en lista | Álbum | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
U.S. Hot 100 | U.S. R&B | UK | Australia | Alemaña | Austria | China | Francia | Suecia | |||
2001 | "Fallin'" | 1 | 1 | 3 | 7 | 2 | 3 | 2 | 5 | 7 | Songs in A Minor |
2002 | "A Woman's Worth" | 7 | 2 | 18 | 16 | 45 | 71 | 32 | — | 31 | Songs in A Minor |
2002 | "How Come You Don't Call Me" | 59 | 30 | 26 | 29 | 80 | — | 60 | — | — | Songs in A Minor |
2002 | "Girlfriend" | — | 82 | 24 | 13 | 100 | — | — | — | — | Songs in A Minor |
2003 | "You Don't Know My Name" | 3 | 1 | 19 | — | 68 | 48 | — | 43 | 54 | The Diary of Alicia Keys |
2004 | "If I Ain't Got You" | 4 | 1 | 18 | — | 81 | — | 35 | 15 | — | The Diary of Alicia Keys |
2004 | "Diary" (con Tony! Toni! Toné!) | 8 | 2 | — | — | — | — | — | — | — | The Diary of Alicia Keys |
2004 | "Karma" | 20 | 17 | — | — | 62 | — | 71 | — | 36 | The Diary of Alicia Keys |
2005 | "Unbreakable" | 34 | 4 | — | — | — | — | — | — | — | Unplugged |
2006 | "Every Little Bit Hurts" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | Unplugged |
2007 | "No One" | 1 | 1 | 3 | 2 | 5 | 3 | — | 3 | — | As I Am |
2008 | "Like You'll Never See Me Again" | 13 | 1 | — | — | — | — | — | — | — | As I Am |
2008 | "Teenage Love Affair" | 4 | 6 | — | — | — | — | — | — | — | As I Am |
Ano | Canción | Posicións en lista | Álbum | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
U.S. Hot 100 | U.S. R&B | UK | AUS | GER | AT | CH | FRA | SWE | |||
2002 | "Brotha Part II" (Angie Stone con Alicia Keys & Eve) | 52 | 13 | 37 | — | — | — | — | — | 59 | Mahogany Soul |
2002 | "Gangsta Lovin" (Eve con Alicia Keys) | 2 | 1 | 6 | 4 | 21 | 41 | 6 | 20 | 10 | Eve-Olution |
2004 | "My Boo" (con Usher) | 1 | 1 | 5 | 1 | 4 | 29 | 3 | 19 | 18 | Confessions (edición especial) |
2004 | "Streets Of New York" (con Nas & Rakim) | -- | -- | -- | -- | -- | -- | -- | -- | -- | Mixtape Release |
2006 | "Ghetto Story Remix" (con Baby Cham & Akon) | 40 | Ghetto Story | ||||||||
2006 | "Ghetto Story Part 2" (Cham con Alicia Keys) | ||||||||||
Ano | Título | Álbum |
---|---|---|
1997 | "Little Drummer Girl" | JD Presents: 12 Soulful Nights Christmas |
1997 | "Dah Dee Dah (Sexy Thing)" | Men in Black OST |
2001 | "Fight" | Ali OST |
2001 | "Mr. Man" (Jimmy Cozier con Alicia Keys) | Jimmy Cozier |
2001 | "What's Going On" (con Varios) | What's Going On - All-Star Tribute |
2001 | "Someday We'll All Be Free" | America: A Tribute to Heroes |
2002 | "Impossible" (ft. Christina Aguilera) | Stripped |
2002 | "Boy Meets Girl" (Truck Turner con Alicia Keys) | Look Both Ways Before You Cross Me |
2002 | "Gangsta Lovin'" (Eve con Alicia Keys) | Eve-Olution |
2002 | "Warrior Song" (Nas con Alicia Keys) | God's Son |
2004 | "My Boo" (Usher con Alicia Keys) | Confessions (Re-release) |
2005 | "If This World Were Mine" (con Jermaine Paul) | So Amazing: An All-Star Tribute to Luther Vandross |
2005 | "America the Beautiful" (Ray Charles & Alicia Keys) | Genius and Friends |
2006 | "I Will Make the Darkness" | Glory Road OST |
2006 | "Glory Road" (con Trevor Rabin) | Glory Road OST |
2006 | "People Get Ready" (con Lyfe Jennings) | Glory Road OST |
2006 | "Don't Give Up" (con Bono) | (Digital release) |
2006 | "Addicted" (con Lloyd Banks) | Rotten Apple |
Ano | Canción | Director |
---|---|---|
2001 | "Fallin" | Chris Robinson |
2002 | "A Woman's Worth" | Chris Robinson |
2002 | "How Come You Don't Call Me" | Little X |
2001 | "Girlfriend" | Patrick Hoelck |
2002 | "Gangsta Lovin'" | Little X |
2003 | "You Don't Know My Name" | Chris Robinson |
2004 | "If I Ain't Got You" | Diane Martel |
2004 | "Karma" | Chris Robinson |
2004 | "My Boo" | Chris Robinson |
2005 | "Unbreakable" | Chris Robinson |
2005 | "Every Little Bit Hurts" | Chris Robinson |
2007 | "No One" | Chris Robinson |
2008 | "Like You'll Never See Me Again" | Diane Martel |
2008 | "Teenage love affair" | Chris Robinson |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.