![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Grb-fk-crvena-zvezda.svg/langgl-640px-Grb-fk-crvena-zvezda.svg.png&w=640&q=50)
KK Crvena zvezda
club de baloncesto de Belgrado (Serbia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Košarkaški klub Crvena zvezda (en serbio: Кошаркашки клуб Црвена звезда, trad. Club Baloncesto Estrela Vermella), tamén coñecido por motivos de patrocinio Crvena zvezda mts, é un equipo profesional de baloncesto de Belgrado, Serbia. Fundado en 1945, forma parte da Sociedade Deportiva Estrela Vermella de Belgrado. O club é membro fundador e accionista da Asociación de Baloncesto Adriático e compite na Liga Serbia (KLS), na ABA Liga e na Euroliga. O club os seus encontros no Hala Aleksandar Nikolić de Belgrado, pavillón inaugurado en 1973 popularmente coñecido como Hala Pionir. Os fans do Crvena zvezda son coñecidos como "Delije".
Crvena zvezda | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | КК Црвена звезда |
Liga | KLS / ABA / Euroliga |
Alcume | Zvezda (Estrela) Crveno-beli (Albivermellos) |
Fundación | 4 de marzo de 1945 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Seareiros | Delije |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Hala Pionir |
Capacidade | 8 150 |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
Campionatos | |
C. Saporta | 1 (1974) |
ABA Liga | 6 (2015–2017, 2019, 2021−2022) |
Liga | 22 (1946–1955, 1969, 1972, 1993–1994, 1998, 2015–2019, 2021−2022) |
Copa | 11 (1971, 1973, 1975, 2004, 2006, 2013–2015, 2017, 2021−2022) |
kkcrvenazvezda.rs |
O Crvena zvezda está considerado como un dos clubs máis exitosos da historia de Serbia; o equipo posúe no seu palmarés 22 campionatos de Liga, incluíndo 10 consecutivos entre 1946 e 1955. Desde a súa fundación o club xogou en tres ligas nacionais diferentes: a Primeira Liga Federal Iugoslava (1945–1992), a Primeira Liga de Serbia e Montenegro (1992–2006) e a Liga de Serbia (2006 en diante). Tamén contan nas súas vitrinas con 11 títulos de Copa, 6 Campionatos da Liga Adriática, unha Supercopa do Adriático e unha Copa Saporta. O Crvena zvezda ten unha notábel rivalidade co KK Partizan. Este rivalidade comezou inmediatamente despois da creación dos dous clubs en 1945, sendo ambos os dominadores no baloncesto serbio desde entón. No Crvena zvezda xogaron dous membros do Salón da Fama (Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić) e catro do Salón da Fama da FIBA (Stanković, Nikolić, Nebojša Popović e Radomir Šaper).