![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Mozart_magic_flute.jpg/640px-Mozart_magic_flute.jpg&w=640&q=50)
Königin der Nacht
From Wikipedia, the free encyclopedia
Königin der Nacht (en galego A Raíña da Noite), é unha das personaxes de Die Zauberflöte, a última ópera escrita por Wolfgang Amadeus Mozart. Königin der Nacht é a nai da protagonista, Pamina. Esta personaxe só ten dúas intervencións na ópera: "O zittre nicht, mein lieber Sohn" (no primeiro acto) e "Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen" (no segundo acto). Na primeira das súas arias mostra unha falsa aparencia de nai amante e aldraxada, mais na segunda amosa o seu carácter real, ameazando a Pamina con repudiala se non asasina a Sarastro aproveitando a confianza que el ten nela.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Mozart_magic_flute.jpg/640px-Mozart_magic_flute.jpg)
O papel, que require dunha soprano coloratura, presenta unha gran dificultade polo rexistro vocal que presenta (dun re4 a un fa6),[2] pola gran cantidade de notas picadas e pola variada gama dinámica que esixe.[1]