frade franciscano, misioneiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Junípero Serra Ferrer O.F.M., nado en Petra (Mallorca) o 24 de novembro de 1713 e finado en Monterey (Alta California) o 28 de agosto de 1784, foi un freire franciscano balear. Foi bautizado como Miguel José Serra Ferrer, e é máis coñecido tradicionalmente como frei Junípero Serra. Doutor en Filosofía e Teoloxía, trasladouse a América, onde fundou nove Misións españolas na Alta California, e presidiu outras quince.[2]
(1774) | |
Nome orixinal | Junípero Serra Ferrer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Miguel José Serra Ferrer 24 de novembro de 1713 Casa del Beat Juníper Serra (Coroa de Aragón) |
Morte | 28 de agosto de 1784 (70 anos) Mission San Carlos Borromeo de Carmelo (Imperio Español) |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Mission San Carlos Borromeo de Carmelo (en) |
Outros nomes | O apóstolo de California [1] |
Relixión | católica |
Formación profesional | Doutor en Filosofía e Teoloxía |
Educación | Convento de San Francisco de Palma de Mallorca |
Q89547790 | Creación e dirección de numerosas Misións en California (Nova España) |
Actividade | |
Lugar de traballo | California |
Ocupación | Freire da Orde dos Freires Menores Descalzos Evanxelizador de California |
Empregador | Orde dos Freires Menores Descalzos |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de xullo |
Familia | |
Pais | Antonio Serra e Margarita Ferrer |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Junipero, Miguel José Serra) Obálky knih, The Encyclopedia Americana (mul) |
Naceu o 24 de novembro de 1713 en Petra, Mallorca, daquela unha poboación de canteiros e labradores, do matrimonio formado por Antonio Serra e Margarita Ferrer.[3] O seu nome de bautismo era Miguel José.[4][5]
Os seus pais eran analfabetos,[6] pero ingresaron ao seu fillo na escola do convento franciscano de San Bernardino en Petra, e de aí pasou a ampliar estudos no convento de San Francisco de Palma de Mallorca. Aos 16 anos fíxose freire, e cambiou o seu nome polo de Junípero. O seu interese pola filosofía viuse alimentado por Ramon Llull. Dedicouse á docencia de filosofía de 1740 a 1743 no Convento de San Francisco,[6] e despois ocupou a cátedra de teoloxía Escotista na Universidade Luliana.[3]
En calidade de padre presidente fundou unha serie de Misións e atendeu á fundación doutras, cun total de nove Misións. A primeira das Misións fundadas por el foi a de San Diego de Alcalá, o 16 de jullo de 1769;[7] a misión encóntrase dentro do actual concello de San Diego. Estableceu a súa sede central na Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo,[2] fundada por el en 1770.[7]
En xullo de 1771 fundou a Misión de San Antonio de Padua, e en agosto, a de San Gabriel]], esta última na actual área metropolitana dos Ánxeles.[7] O 1 de setembro de 1772 fundou a Misión de San Luis Obispo de Tolosa.[7] Tamén tivo participación na fundación da Misión de San Juan Capistrano en 1776, e na de San Buenaventura en 1782. Sábese que visitou as misións de Santa Clara de Asís e de San Francisco de Asís, esta última na localidade de San Francisco.
As Misións foron creadas primordialmente para evanxelizar aos nativos. Outro obxectivo foi a integración destas persoas na sociedade española e a súa capacitación para asumir a propiedade e a xestión da terra. Como cabeza da Orde en California, Serra non soamente lidou con cargos relixiosos, senón tamén con outras autoridades españolas en cidade de México e cos oficiais militares locais que mandaban as gornicións achegadas.
Foi beatificado polo papa san Xoán Paulo II o 28 de setembro de 1988.[8] O 23 de setembro de 2015 foi canonizado polo papa Francisco, na cidade de Washington D. C..[9] A partir dese momento é tamén coñecido como San Junípero Serra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.