Julianna Margulies
actriz estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Julianna Margulies, nada o 8 de xuño de 1966 en Spring Valley, estado de Nova York, é unha actriz e produtora estadounidense. Tras interpretar varios pequenos papeis logrou o éxito co seu papel como a enfermeira Carol Hathaway no drama médico da NBC ER, rol polo que gañou un premio Emmy. No 2009, comezou a interpretar o papel de Alicia Florrick, personaxe principal no drama legal estadounidense The Good Wife na CBS que gañou un Globo de Oro, oito Screen Actors Guild Awards, un Satellite Awards, dos Television Critics Association Awards e tres Emmy, o último no 2014 como Mellor Actriz de Drama.
Gañou en oito ocasións o Screen Actors Guild Awards, converténdose na segunda muller máis veces premiada despois de Julia Louis-Dreyfus[1][2] e foi nomeada ata en 17 ocasións, o que é tamén un récord nestos premios. Gañou seis veces polo seu traballo en ER, e dúas veces pola súa actuación en The Good Wife. En 2015, a revista TIME presentouna como unha das "100 persoas máis influíntes do mundo"[3] e ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Foi unha persoa activa para que a denominada Lei de Erin, contra o abuso infantil, fose aprobada nos estados dos Estados Unidos.[3]