Juhi Chawla
actriz india / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juhi Chawla, nada o 13 de novembro de 1967, é unha modelo, actriz, produtora cinematográfica e presentadora de televisión india. Gañadora de Miss India en 1984, seguiu logo unha carreira de actriz converténdose nunha das actrices máis afamadas do Bollywood dos anos 90[1][2] actuando en filmes tan coñecidos na India como Qayamat Se Qayamat Tak (1988), Darr (1993), Hum Hain Rahi Pyar Ke (1993), co que gañou o premio Filmfare á mellor actriz, ou Yes Boss (1997) e Ishq (1997).[3][4][5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1967 (56 anos) Ambala, India (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Fort Convent School, Mumbai (en) Sydenham College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , concursante en certames de beleza , produtora , modelo , actriz de cinema |
Período de actividade | 1986 - |
Lingua | Lingua hindi e lingua malayalam |
Familia | |
Cónxuxe | Jay Mehta (1995–) |
Premios | |
|
Na década do 2000, actuou en filmes independentes e do cinema paralelo.[2] pero gañou recoñecemento da crítica pola súa actuación en filmes como Jhankaar Beats (2003), 3 Deewarein (2003), My Brother Nikhil (2005), Bas Ek Pal (2006) e I Am (2011).[6]. A partir do ano 2000 comezou a producir filmes, o primeiro foi Phir Bhi Dil Hai Hindustani.