From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan José Esteban Gómez, máis coñecido como Juanillo Esteban, nado na Coruña o 12 de abril de 1968, é un actor, cantante, contacontos, clown e guionista galego. É tamén a voz do Xabarín da TVG.[1][2]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1968 (56 anos) A Coruña, España |
Estudou produción e realización de vídeo-TV na CAI (A Coruña), interpretación, guión, produción de espectáculos en vivo e talleres de clown con Jango Edvards e Leo Bassi.
Deuse a coñecer en 1993 no papel de Rufo Machado na comedia gore de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, dirixida por Antonio Blanco, quen, un ano despois, foi un dos creadores do xa mítico e revolucionario programa infantil da TVG Xabarín Club. Neste programa Juanillo é a voz do Xabarín, o personaxe principal e presentador, dende 1994, co que tamén participou na serie Os Vixilantes do Camiño.
Outra faceta pola que é coñecido é polo seu traballo de monologuista, sendo o creador e intérprete do personaxe "Yoni Mediogramo".
Participou en varias series da TVG como Avenida de América, Fíos, ademais de intervencións en seis capítulos de Pratos combinados.
No 2004 volveu ó cinema de culto coa curtametraxe A Consulta do Dr. Natalio, de Javi Camino, na que interpreta o sinistro doutor, un científico tolo, papel que o actor volveu repetir na longametraxe ¡Maldito Bastardo!.
Tamén interveu no programa Fatal, fatal, fatal baixo o nome Juanillo Calamidad.
En 2019 dirixiu a Gala dos Premios María Casares xunto a Carlos Sante.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.