From Wikipedia, the free encyclopedia
Juana Inés de Asbaje y Ramírez de Santillana, máis coñecida como sor Juana Inés de la Cruz, nada en San Miguel Nepantla o 12 de novembro de 1648[1] e finada na Cidade de México o 17 de abril de 1695, foi unha relixiosa da Orde de San Xerónimo e escritora novohispana, expoñente do Século de Ouro da literatura en español. Cultivou a lírica, o auto sacramental e o teatro, así como a prosa.
Nome orixinal | (es) Juana Inés de Asbaje y Ramírez de Santillana |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de novembro de 1651 Nepantla de Sor Juana Inés de la Cruz (Coroa de Castela) |
Morte | 17 de abril de 1695 (43 anos) Cidade de México (Coroa de Castela) |
Causa da morte | epidemia |
Lugar de sepultura | Cidade de México |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Lugar de traballo | Cidade de México Convent of San Jerónimo (Mexico City) (en) |
Ocupación | poetisa, compositora, dramaturga, monxa de clausura, filósofa, escritora, matemática, relixiosa católica, monxa |
Movemento | Barroco |
Orde relixiosa | Nuns of the Order of Saint Jerome (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
De moi nova aprendeu a ler e a escribir. Pertenceu á corte de Antonio de Toledo y Salazar, marqués de Mancera e 25.º vicerrei de Nova España. En 1669, por anhelo de coñecemento, ingresou na vida monástica. Os seus máis importantes mecenas foron os vicerreis De Mancera, o arcebispo vicerrei Payo Enríquez de Rivera e os marqueses da Laguna de Camero Viejo, vicerreis tamén da Nova España, que publicaron os dous primeiros tomos das súas obras na España peninsular. Grazas a Juan Ignacio María de Castorena Ursúa y Goyeneche, bispo de Iucatán, coñécese a obra que sor Juana tiña inédita cando foi condenada a destruír os seus escritos. El a publicou en España. Sor Juana morreu a causa dunha epidemia o 17 de abril de 1695.
Sor Juana Inés de la Cruz ocupou, xunto con Juan Ruiz de Alarcón e Carlos de Sigüenza y Góngora, un destacado lugar na literatura novohispana.[2] No campo da lírica, o seu traballo se adscribe na líña do barroco español na súa etapa tardía. A produción lírica de Sor Juana, que supón a metade da súa obra, é un crisol onde converxen a cultura dunha Nova España en apoxeo, o culteranismo de Góngora e a obra conceptista de Quevedo e Calderón.[3]
A obra dramática de sor Juana vai do relixioso ao profano. As súas obras máis destacables neste xénero son Amor es más laberinto, Los empeños de una casa e unha serie de autos sacramentais concibidos para representarse na corte.[4]
En México, os billetes de douscentos pesos están ilustrados cunha imaxe da escritora.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.