From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan de Dios Álvarez Mendizábal, nado en Cádiz o 25 de febreiro de 1790 cos apelidos de Álvarez Méndez e finado en Madrid o 23 de novembro de 1853, foi un político e economista español, famoso por levar adiante o proceso de desamortización en 1836.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan de Dios Álvarez Méndez 25 de febreiro de 1790 Chiclana de la Frontera, España |
Morte | 3 de novembro de 1853 (63 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Panteón de homes ilustres |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Ministro | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, economista, militar |
Partido político | Partido Progresista |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fillo dun comerciante, aprendeu idiomas modernos e recibiu formación comercial no negocio paterno. Durante a Guerra da Independencia serviu no exército, e foi capturado en varias ocasións, conseguindo fuxir en todas. O 21 de febreiro de 1812, casou con Teresa Alfaro, e dende ese momento, mudou o seu apelido, de Méndez a Mendizábal, para ocultar a súa orixe xudía.
Entrou en contacto con Vicente Beltrán de Lis, do que aceptou un emprego, converténdose ao paso dos meses no seu socio. Nomeado Comisario de Guerra en 1817. Dende 1819 encárgase das subministracións do exército de Andalucía, o que lle permite prosperar e ponlle en contacto cos revolucionarios liberais, converténdose nun deles. Foi masón do "Taller sublime" de Cádiz xunto con Francisco Istúriz e Antonio Alcalá Galiano. Adiantou diñeiro (que se lle fixo pagar) para a conspiración de Rafael del Riego e uniuse á súa tropa do 27 de xaneiro até o 4 de marzo de 1820. Durante a marcha das Cortes de Cádiz en 1823, Mendizábal organizou o traslado. O 30 de setembro dese mesmo ano, fuxiu a Xibraltar, condenado a morte por Fernando VII, marchou a Londres onde ingresou no cárcere por débedas, logrou saír a flote negociando a venda de viños españois. En Londres consolidou unha rede de amigos e socios que no futuro lle resultarían útiles. Os negocios de viño levárono a Francia entre 1828 e 1830.
Interveu na financiamento da Expedición de Vera en 1830 de acordo con Ardouin e outros financeiros. Despois participou na financiamento e na organización da Guerra Civil portuguesa, no bando liberal. Financiou a forza militar en Bélxica. En 1834 o conde de Toreno invitouno a volver a España e foi nomeado Ministro de Facenda o 15 de xuño de 1835, acadando o posto de Presidente do Consello de Ministros o 25 de setembro.
O partido mendizabalino non era popular, a pesar da fama que lle deron os decretos desamortizadores do 19 de febreiro e 8 de marzo de 1836, a chamada Desamortización de Mendizábal, que pasou as propiedades improdutivas e en poder da igrexa ás ordes relixiosas, non ás mans do pobo, como era a intención de Mendizábal, senón ás mans da oligarquía. Mendizábal non xestionou o proxecto, pois Miaría Cristina de Borbón retirouno do cargo o 15 de maio de 1836, aínda que volvería a ser Ministro de Facenda con José María Calatrava despois da Revolución de 1836.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Álvarez Mendizábal |
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Miguel Ricardo de Álava |
Juan Álvarez Mendizábal | Precede a: Francisco Javier de Istúriz |
Presidente do Goberno de España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.