político e escritor asturiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Vázquez de Mella Fanjul, nado en Cangas de Onís o 8 de xuño de 1861 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1928, foi un político tradicionalista, escritor e filósofo católico español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Vázquez de Mella y Fanjul 8 de xuño de 1861 Cangas de Onís, España |
Morte | 26 de febreiro de 1928 (66 anos) Paseo del Prado, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Deputado das Cortes | |
10 de marzo de 1904 – 10 de xaneiro de 1918 | |
Deputado das Cortes | |
12 de marzo de 1893 – 16 de marzo de 1899 Circunscrición electoral: Lizarra | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, escritor, filósofo |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Membro de | |
Fillo de Juan Vázquez de Mella Varela, tenente coronel retirado natural de Boimorto, e de Teresa Fanjul, nada en Cangas de Onís. Quedou orfo de pai con seis anos. Estudou no seminario de Valdediós entre 1874 e 1877, e rematado o bacharelato trasladouse coa súa nai a Boimorto. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde dirixiu o periódico El Pensamiento Galaico. De elocuente palabra, portentosa memoria e brillante capacidade para a oratoria e a política, abrazou a causa do carlismo. Deputado ás Cortes de 1893 a 1916, elixido polos distritos de Aoiz, Estella e varias veces por Pamplona. Cando presentou a súa candidatura a deputado por Oviedo foi derrotado pola coalición que reformistas e socialistas presentaron contra os conservadores. Presentou ás Cortes de Madrid unha vigorosa petición solicitando que fose declarada ilegal, facciosa e traidora á Patria a Masonería, eliminando dos empregos públicos aos masóns. Participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896[1].
Vázquez de Mella era xermanófilo o que o conduciu a unha soada separación con Xaime de Borbón, que ademais de pretendente á coroa era aliadófilo. Xaime de Borbón, que fora confinado polos austríacos no seu castelo próximo a Viena, publicou en 1918 un manifesto dirixido aos tradicionalistas españois desautorizando aos que tivesen exteriorizado os seus sentimentos xermanófilos: Vázquez de Mella opúxose ao documento e nese cisma orixinouse a escisión que o levou a fundar en 1918 o Partido Católico Tradicionalista.
Coa ditadura de Primo de Rivera apártase da política, debido tamén a problemas de saúde.
As ideas centrais no seu pensamento eran a Tradición, a monarquía, a unidade de España a través do rexionalismo e do foralismo e a concepción orgánica da sociedade onde se reclama a soberanía non para o Estado senón para a sociedade a través das súas organizacións naturais: a familia, o municipio, a rexión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.