actor e director cinematográfico galego-mexicano From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Rogelio García García, coñecido como Juan Orol, nado en Santiso (Lalín) o 30 de xullo de 1893[1] e finado en Cidade de México o 26 de maio de 1988, foi un actor e director cinematográfico galego-mexicano. Foi coñecido como o "rei do cinema negro mexicano" o cine de gángsters, e un dos principais promotores do chamado cine de rumberas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Rogelio García García 30 de xullo de 1893 Santiso, España |
Morte | 26 de maio de 1988 (94 anos) Cidade de México |
Outros nomes | Juan Orol |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, actor, guionista |
Período de actividade | 1927 - |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1964–1988), morte da persoa María Esquivel (1956–1964) Rosa Carmina (1950–1955) María Antonieta Pons (1940–1945), divorcio valor descoñecido (1934–1937), morte do cónxuxe |
Emigrou a Venezuela, Estados Unidos, Cuba e México. En Cuba foi piloto de coches de carreiras, xogador de béisbol e boxeador. Con vinte anos volveu a México, onde se fixo toureiro e se deu a coñecer co nome de Esparterito. Alterou esta profesión coa de policía secreto ata 1928, cando se dedicou ao cine.
Comezou a traballar como director artístico nunha empresa radiofónica e colaborou como actor secundario nalgunhas películas. Fundou a produtora Aspa Films e desenvolveu unha dilatada carreira cinematográfica entre México e Cuba como actor, produtor e director. A súa última aparición no cine foi como actor na comedia Ni modo... así somos, realizada en 1980.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.