presidente do Goberno de España (1937-1945) From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Negrín López, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de febreiro de 1889 e finado en París o 12 de novembro de 1956, foi un fisiólogo e político español. Catedrático de Fisioloxía, como eminente investigador nese ámbito chegou a ser considerado un precursor da bioquímica. Mestre, entre outros, dos profesores Severo Ochoa (galardoado co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina) e Grande Covián. Presidente (1937-1945) do Goberno da Segunda República Española.
Nomeado ministro de Facenda en setembro de 1936 no goberno de Largo Caballero.
Membro do PSOE, trala dimisión de Largo Caballero en maio de 1937 o Presidente da República Manuel Azaña nomeouno Presidente do Goberno, coa esperanza de fortalecer o poder central fronte a sindicatos e anarquistas, aliándose coa burguesía e clases medias, poñendo así fin ao movemento revolucionario e creando unha economía de guerra. Todo iso coa intención de enlazar o conflito español coa segunda guerra mundial, que cría inminente, aínda que o pacto de Múnic fixo esvaecer definitivamente toda esperanza de axuda exterior.
Convenceu a Azaña para que autorizase o envío de parte do tesouro do Banco de España a Moscova a fin de poder pagar o armamento que a República se vía obrigada a comprar á Unión Soviética, xa que esta esixía o pago por adiantado. Esta fonte de fornecemento era a única alternativa viable ante a negativa das potencias democráticas a vender armas a España, amparándose na política do "Pacto de non intervención" do que, paradoxalmente, Alemaña e Italia, principais subministradores dos nacionalistas, tamén eran signatarios.
No plano militar lanzou unha serie de ofensivas (Brunete, Belchite, Teruel e Ebro).
Ante o derrubamento de Cataluña, propuxo na reunión das Cortes en Figueres (Cataluña) a rendición coa soa condición do respecto ás vidas dos perdedores, pero ao non poder atinxir este obxectivo trasladouse en febreiro de 1939 á zona centro coa intención de lograr a evacuación co mesmo éxito con que se realizou en Cataluña, pero a rebelión de Segismundo Casado frustrou este último plan.
Presidente do Goberno da República no exilio ata 1945, organizou o SERE para axudar aos exiliados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.