From Wikipedia, the free encyclopedia
Joyce Hilda Banda[1], nada en Zomba o 12 de abril de 1950, é unha avogada e política malauí. Exerceu a Presidencia da República desde o 7 de abril de 2012 até o 31 de maio de 2014, tralo falecemento do presidente Bingu wa Mutharika, converténdose na primeira muller en asumir a presidencia do país na historia e a segunda muller na historia de África en ser xefa de estado, despois de Ellen Johnson Sirleaf presidenta da República de Liberia.[2] De 2009 a 2012 asumira a vicepresidencia do país.[3]
Foi membro do parlamento pola circunscrición de Zomba-Malosa e ministra de xénero, benestar do neno e servizos comunitarios ata que foi nomeada ministra de asuntos exteriores o 1 de xuño de 2006 polo presidente Bingu wa Mutharika. En 2009 asumiu a vicepresidencia do país, cargo que ocupou até 2012 cando se converteu na primeira muller presidenta da república e a segunda xefa de estado da historia de África.[3]
É a fundadora da Asociación Nacional de Mulleres de Negocios.[1]
En 2011 foi considerada pola revista Forbes como a terceira muller máis poderosa do continente africano.[4]
Tamén en 2011 fundou o Partido Popular, agrupación política que lidera e antes do falecemento de Bingu wa Mutharika era considerada a forza que podía disputarlle a presidencia nas eleccións xerais de 2014.[5]
Durante a elección presidencial de 2014 denunciou a falta de transparencia e tempo para estes comicios e pediu ao Tribunal Electoral suspender a constitución, isto despois de que o consello anunciase como gañador ao opositor Peter Mutharika, irmán do expresidente Bingu Wa. Con todo, o Tribunal fixo oídos xordos e finalmente o 31 de maio foi xuramentado Peter como novo presidente de Malaui.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.