político español From Wikipedia, the free encyclopedia
José María Álvarez del Manzano y López del Hierro, nado en Sevilla o 17 de outubro de 1937, é un político español, que foi alcalde de Madrid antes que Gallardón polo mesmo partido, o Partido Popular, durante doce anos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Residente en Madrid desde que tiña tres anos, licenciado en dereito pola Universidade Complutense, funcionario do estado desde 1963, traballou nas delegacións de facenda de Cidade Real, Badaxoz, Toledo, Santander, Biscaia e Álava. Tamén foi secretario xeral técnico do Ministerio de Facenda en 1976 e subsecretario do Ministerio de Agricultura en 1977.
Foi elixido concelleiro en Madrid como número 2 da UCD en 1979. Trala marcha do seu cabeza de lista, ó pouco dos comicios nos cales a formación non logrou a alcaldía, pasou a selo portavoz na oposición do grupo centrista. Tralo progresivo desmembramento da UCD (1982-1983) pasou a formar parte do Partido Demócrata Popular, o cal optou por coaligarse con Alianza Popular nos distintos comicios. Desta forma, volveu a ser elixido concelleiro en Madrid en 1983 como número 2 da devandita coalición, volvendo a selo portavoz na oposición trala marcha do cabeza de lista tras perder fronte aos socialistas. En 1986, trala decisión do seu partido de rompela alianza con AP optou por pasarse, xunta con outros concelleiros madrileños, á formación aliancistas para tratar de mantela unidade do voto de centro-dereita en Madrid. Desta forma, foi o candidato á alcaldía de Alianza Popular nas municipais de xuño de 1987, nas cales a formación foi novamente derrotada polo PSOE, polo que seguiu na oposición. Porén, en xuño de 1989 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde ó candidato do CDS Agustín Rodríguez Sahagún, pese a ter tan só 8 concelleiros fronte aos 20 seus, pasando a selo seu primeiro tenente de alcalde, e descabalgando ao PSOE da alcaldía por primeira vez denda a chegada da democracia. En maio de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volvería a ser reelixido alcalde en 1995 e 1999, tamén con maioría absoluta.
Non concorreu á reelección nas eleccións de maio de 2003, sendo substituído polo ata entón presidente autonómico Alberto Ruiz-Gallardón que revalidou a alcaldía novamente para o seu partido por maioría absoluta. Gallardón delegou nel a presidencia da Xunta Reitora do IFEMA (Instituto de Feiras e Exposicións de Madrid), onde se mantivo ata que o PP perdeu o goberno local en 2015.
Está casado con María Eulalia Miró Ramírez e ten catro fillos: José, María, Marta e Mónica.
Predecesor: Agustín Rodríguez Sahagún |
Alcalde de Madrid 1991 - 2003 |
Sucesor: Alberto Ruiz-Gallardón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.