político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Castro Blanco, nado nos Blancos en 1969, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Os Blancos, España |
Alcalde dos Blancos | |
2011 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Os Blancos |
Ocupación | político |
Concelleiro nos Blancos por Terra Galega, figuraba como número 2 na candidatura Alternativa Popular Galega (APGA) que encabezaba o alcalde Juan Antonio Lama Barreiro de cara ás eleccións municipais de 2011, pero ante o ingreso deste no hospital finalmente foi el quen encabezou a lista[1]. Nos comicios houbo un empate a votos entre Alternativa Popular Galega e o PPdeG o cal nun principio se resolveu mediante un sorteo que lle deu o concelleiro en disputa ao PPdeG. Porén, dado que nunha das mesas se contabilizaran 422 votantes, e no escrutinio só apareceron 421 votos, os resultados da mesa foron impugnados. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o resultado e ordenou repetir as eleccións nesa mesa, e o Consello de Ministros fixou a data do 20 de novembro (coincidido coas eleccións xerais).[2][3][4]. O resultado foi a vitoria da APG e polo tanto José Manuel Castro foi elixido alcalde[5][6].
O outubro do 2014 deixou o seu partido independente, Alternativa Popular Galega, e uniuse o Partido Popular.[7] Nas eleccións municipais de 2015, xa sendo do Partido Popular, volveu gañar con maioría absoluta, con 6 concelleiros, fronte a 1 do PSdeG.[8]. Nas municipais de 2019 revalidaría a alcaldía con 5 concelleiros fronte a 2 do PSdeG. En 2023 foi reelixido con 6 concelleiros de 7.
Predecesor: Juan Antonio Lama Barreiro |
Alcalde dos Blancos 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.