político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista galego. Foi alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.[1][2][3]
Nome orixinal | (es) José Antela Conde |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1900 Teis, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (35/36 anos) Cemiterio de Pereiró, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Lavadores | |
1936 – 1936 | |
Alcalde de Lavadores | |
1931 – 1934 ← Ramón Quintela Pérez | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , panadeiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua galega |
Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á UGT, militante do PSOE e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de Lavadores. Foi destituído polo gobernador civil o 12 de setembro de 1934,[4] e despois da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.
Cando se produciu o golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, o día 20 en Vigo, á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día 23, en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo Lavadores, mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do Fronte Popular e sindicalistas da UXT, CNT, así como da FAI. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de Mos e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun consello de guerra o 22 de agosto, condenado á morte por traizón e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no Cemiterio de Pereiró cinco días despois, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o presidente da agrupación socialista de Vigo, Apolinar Torres, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados e ex-deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha saca.
Unha rúa no Concello de Vigo leva o seu nome.
Predecesor: Ramón Quintela Pérez |
Alcalde de Lavadores 1931 - 1934 |
Sucesor: Ángel Rodríguez Álvarez |
Predecesor: Ángel Rodríguez Álvarez |
Alcalde de Lavadores 1936 |
Sucesor: ? |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.