escritor catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Josep Abril i Argemí, nado en Santa Maria de Palautordera en 1869 e finado en Barcelona o 16 de marzo de 1939, foi un político e escritor catalán de ideoloxía nacionalista. Durante a Segunda República Española foi alcalde de Mataró.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 Santa Maria de Palautordera, España |
Morte | 16 de marzo de 1939 (69/70 anos) Castell del Camp de la Bota, España (en) |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo Execução sumária (pt) |
Alcalde de Mataró | |
16 de abril de 1931 – 1933 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya Partido Republicano Democrático Federal |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Naceu en Santa Maria de Palautordera en 1869. Quinto de dez irmáns, estabeleceuse primeiro en Granollers e finalmente en Mataró. Foi membro do Partido Republicano Democrático Federal durante a Restauración borbónica, e concelleiro por devandita formación en trece ocasións (1899-1923).
Membro do Centro Republicano Federal, integrado en Esquerra Republicana de Catalunya, coa candidatura da coalición republicano-socialista, nas eleccións municipais de 1931 que deron lugar á proclamación da Segunda República foi elixido de novo concelleiro e, despois, alcalde de Mataró. Foi detido e sufriu prisión durante os sucesos revolucionarios de 1934. Ó producirse o golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, foi brevemente xuíz e fiscal da localidade, sendo máis tarde designado comisario municipal en Dosrius até o final do conflito.
Ó rematar a guerra na zona de Cataluña, non quixo marchar ó exilio e foi detido en febreiro de 1939, preso no cárcere Modelo de Barcelona, xulgado en consello de guerra sumarísimo acusado de apoiar á columna Malatesta que cometera un asasinato na localidade na persoa dun médico, e alegrarse de devandita morte en público. A pesar de que se achegaron probas documentais nas que se demostraba que Josep Abril non proferira palabra algunha de satisfacción polos feitos, senón que fora un militante anarconsindicalista, e que en ningún caso apoiara á columna nesa circunstancia, foi condenado á morte. Foi executado en El Camp de la Bota o 16 de marzo de 1939.[1]
Como escritor, fundou o Diario de Mataró, El Novo Ideal, voceiro do republicanismo federal, e escribiu o libro de ficción Las aventuras de Nono (primeiro publicado como Colección de Diálogos) e o ensaio La revolución de julio de 1909 en Mataró. A través das súas obras e artigos, postulouse firme defensor da igualdade, a fraternidade, a educación de calidade e a mellora das condicións sociais e laborais dos traballadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.