futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
José Francisco Sanfilippo tamén coñecido como El nene, nado o 4 de maio de 1935 en Buenos Aires é un ex xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
José Sanfilippo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Francisco Sanfilippo | ||
Nacemento | 4 de maio de 1935 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Altura | 168 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
San Lorenzo de Almagro | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1953–1962 | San Lorenzo de Almagro | 265 | (209) |
1963 | CA Boca Juniors | 28 | (14) |
1964-1965 | Nacional | 21 | (25) |
1966-1967 | CA Banfield | 50 | (19) |
1968 | Bangu | ||
1968-1971 | Esporte Clube Bahía | 71 | (48) |
1972 | San Lorenzo de Almagro | ||
1978 | CA San Miguel | ||
Selección nacional | |||
1957–1962 | Arxentina | 29 | (21) |
Adestrador | |||
1976 | CA Vélez Sársfield | ||
Deportivo La Punta | |||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ostenta o título de máximo goleador da historia de San Lorenzo de Almagro.
Formouse futbolisticamente nas categorías inferiores de San Lorenzo de Almagro, debutando co primeiro equipo en novembro de 1953 contra Newell's Old Boys. En 1955 conseguiu afianzarse no equipo titular anotando 15 goles esa tempada.
En 1959 acadou o título do Campionato Arxentino sendo ademais o máximo goleador do torneo por segunda vez consecutiva.
En 1963 foi fichado polo CA Boca Juniors, equipo co que chegou á final da Copa Libertadores ante o FC Santos de Pelé. Porén a final de tempada foi traspasado ao Club Nacional de Football por problemas coa directiva. No Uruguai anotou 16 goles en 17 encontros ata que nun encontro ante Vasco da Gama sufriu unha fractura de tibia e peroné.
En 1966 fichou polo CA Banfield, onde xogou dous anos antes de ser traspasado ao Bangú do Río de Xaneiro, e ao pouco tempo ao EC Bahía co que gañou o Campionato Baiano en 1970 e 1971.
En 1972 volveu a San Lorenzo, onde gañou os títulos do Torneo Metropolitano e Torneo Nacional. A final de tempada retirouse do fútbol.
Porén non sería definitivo e anos despois, en 1978 volvería a xogar outro ano no CA San Miguel, chamado polo adestrador do equipo, un antigo compañeiro de San Lorenzo.
Formou parte da selección arxentina entre os anos 1957 e 1962, integrando o equipo, como suplente de Omar Sívori, que conquistou a Copa América de 1957. Tamén participou nos Mundiais de Suecia 1958 e Chile 1962, no que Arxentina fixo moi mal papel non pasando da primeira fase en ningún dos dous. Actualmente atópase entre os dez máximos goleadores da historia da selección.
En 1976 debutou como adestrador no CA Vélez Sársfield.
No ano 2010 asumiu o posto de adestrador de dianteiros en San Lorenzo, e pouco despois foi contratado como adestrador do Deportivo La Punta da Provincia de San Luis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.