![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Pepe_22.jpg/640px-Pepe_22.jpg&w=640&q=50)
José Macia
futbolista brasileiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Macia, máis coñecido como Pepe, nado en Santos o 25 de febreiro de 1935,[1][2] é un exfutbolista e exadestrador brasileiro, de ascendencia galega. Xogaba como extremo esquerdo e está considerado un dos maiores ídolos da historia do Santos FC, o único club no que militou.[1] É o segundo máximo goleador da historia do club, con 403 goles, e tamén o segundo xogador con máis partidos coa camiseta alvinegra (750),[3][2][4] superado nos dous rexistros só polo seu compañeiro Pelé. Ambos, xunto a Coutinho, formaron un dos mellores ataques da historia do fútbol mundial, con preto de dous milleiros de goles anotados entre os tres.[5]
Pepe | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Macia | ||
Nacemento | 25 de febreiro de 1935 | ||
Lugar de nacemento | Santos | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Extremo esquerdo | ||
Carreira xuvenil | |||
Comercial FC | |||
Mota Lima | |||
Continental | |||
1952–1954 | Santos | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1954–1969 | Santos | 750 | (405) |
Selección nacional | |||
1955–1965 | Brasil | 41 | (22) |
Adestrador | |||
1975 | Santos | ||
1978 | Paulista | ||
1979–1980 | Santos | ||
1981 | Atlético Mineiro | ||
1981 | São José | ||
1982 | Náutico | ||
1983 | Inter de Limeira | ||
1983–1985 | Al Sadd | ||
1985 | Fortaleza | ||
1986 | São Paulo | ||
1986–1987 | Inter de Limeira | ||
1987–1989 | Boavista | ||
1989 | Perú | ||
1989 | Inter de Limeira | ||
1989–1990 | Santos | ||
1992 | Verdy Kawasaki | ||
1993 | Portuguesa | ||
1993 | Guarani | ||
1994–1995 | Santos | ||
1995 | Atlético Paranaense | ||
1996 | Inter de Limeira | ||
1996 | Coritiba | ||
1997 | Criciúma | ||
1998 | Atlético Paranaense | ||
2002–2003 | Portuguesa Santista | ||
2003 | Guarani | ||
2003 | Portuguesa Santista | ||
2003 | Ponte Preta | ||
2004–2005 | Al Ahli | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Conquistou unha cifra récord de 13 Campionatos Paulistas (11 como xogador do Santos, un como adestrador do Santos e outro como adestrador do Inter de Limeira),[6] e é tamén a persoa con maior número de títulos do Campionato Brasileiro, con sete (seis como xogador do Santos e outro como adestrador do São Paulo FC).[1]
Foi 40 veces internacional coa selección brasileira, coa que anotou 22 goles e gañou dúas Copas do Mundo (1958 e 1962).[1][7]