From Wikipedia, the free encyclopedia
José Antonio Peteiro Freire, nado en Mezonzo o 20 de xullo de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 2010[1], foi un relixioso franciscano e bispo católico galego, arcebispo de Tánxer entre 1983 e 2005.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1936 Vilasantar, España |
Morte | 25 de marzo de 2010 (73 anos) Santiago de Compostela, España |
Arzobispo de Tánxer | |
24 de setembro de 1983 – 23 de marzo de 2005 ← Carlos Amigo Vallejo – Santiago Agrelo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1983–), Sacerdote católico de rito romano (1962–) |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores |
Consagración | Duraisamy Simon Lourdusamy (pt) |
Naceu en 1936, no Campo da Feira, na parroquia de Mezonzo, concello de Vilasantar. En 1949 ingresou no seminario do convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, onde estudou cinco anos de Bacharelato. O 20 de agosto de 1954 tomou os hábitos, facendo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus. Iniciou os estudos de Filosofía no Convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), seguíndoos en Compostela e rematando en Salamanca en 1962.
Membro da Orde dos Freires Menores, foi ordenado sacerdote o 17 de marzo de 1962[2]. O 2 de xullo de 1983 foi nomeado arcebispo de Tánxer, sendo consagrado bispo o 24 de setembro[2] do mesmo ano por Duraisamy Simon Lourdusamy, entón secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Retirouse o 23 de marzo de 2005, pasando a ser entón arcebispo emérito. Pasou os seus últimos anos na enfermería da igrexa de San Francisco de Noia, e foi soterrado na súa parroquia natal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.