político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jorge Verstrynge Rojas, nado en Tánxer o 22 de setembro de 1948, é un politicólogo franco-español, doutor en Ciencias Políticas,[1] e profesor titular desa materia na Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en Xeopolítica, Partidos Políticos, Mundialización e Inmigración.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2016) |
Pasou a infancia na súa cidade natal, a mocidade en Francia e posteriormente trasladouse a España a cursar Ciencias Políticas e Socioloxía (especialidade en Estudos Internacionais), na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose en 1972. Doutorouse en 1976 coa tese Los efectos de la guerra en la sociedad industrial.
Comezou a súa carreira política no seo do neofascismo francés, evolucionando despois cara ao nacionalcomunismo, segundo confesa no seu libro Memorias de un maldito. Alumno de Manuel Fraga na universidade, foi un dos fundadores de Reforma Democrática, embrión do que logo sería Alianza Popular. Foi deputado nacional (1982-1989) e Secretario Xeral de Alianza Popular entre 1979 e 1986, aínda que con anterioridade ocupara a Secretaría de Acción Territorial (1976-1978) e a Secretaría de Organización (1978-1979). Candidato á alcaldía de Madrid no 1983 por AP, resultou derrotado polo socialista Enrique Tierno Galván. Tras verse obrigado a dimitir polo seu enfrontamento con Manuel Fraga o 1 de setembro de 1986, evolucionou ideoloxicamente para posturas políticas socialistas e europeístas e, actualmente, marxistas e antimundializadoras.
Formou parte do Partido Socialista Obreiro Español, aínda que sen ocupar ningún cargo de importancia. Posteriormente foi asesor do político comunista catalán Francisco Frutos, ao que dixo considerar un político sincero e intelixente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.