From Wikipedia, the free encyclopedia
John William “Johnny” Carson, nado o 23 de outubro de 1925 en Corning e finado o 23 de xaneiro de 2005, foi un humorista e presentador de televisión estadounidense.
Coñecido por ser o presentador de The Tonight Show Starring Johnny Carson na NBC durante 30 anos (1962–1992), Carson recibiu seis Emmys e un Peabody, recibiu tamén a Medalla Presidencial da Liberdade en 1992 e o Premio Kennedy en 1993[1]. Carson converteuse a partir da década de 1970 nunha icona estadounidense, dándolle consistencia aos programas nocturnos de talk show estadounidense modificando o formato que tiñan da época de Ed Sullivan, onde o presentador era tan só literalmente o que presentaba os diferentes espectáculos do programa cara a un formato no que o presentador se converte nun auténtico anfitrión, interactuando activamente cos convidados[2]. Xente como David Letterman, Jay Leno, Conan O'Brien, Craig Ferguson e Jimmy Fallon recoñeceron a influencia de Carson nos seus programas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.