From Wikipedia, the free encyclopedia
John Wesley, nado en Epworth o 6 de xuñoxul./ 17 de xuño de 1703greg. e finado en Londres o 2 de marzo de 1791 foi un clérigo, teólogo e evangelista inglés, líder do avivamento na Igrexa de Inglaterra coñecido como metodismo. As sociedades que fundou convertéronse na forma dominante do movemento metodista independente ata a actualidade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1703 (Xuliano) Epworth (Reino de Inglaterra) |
Morte | 2 de marzo de 1791 (87 anos) St Luke's (Reino de Gran Bretaña) |
Lugar de sepultura | Wesley's Chapel (en) |
Relixión | Metodismo e anglicanismo |
Educación | Christ Church College Charterhouse School (en) |
Actividade | |
Ocupación | Methodist pastor (en) , misioneiro, sacerdote, escritor, teólogo, escritor de himnos, filósofo, tradutor, autor de diarios, abolicionista |
Influencias | |
Día de festividade relixiosa | 2 de marzo |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Vazeille (1751–) |
Pais | Samuel Wesley e Susanna Wesley |
Irmáns | Mehetabel Wright Charles Wesley Samuel Wesley |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Educado en Charterhouse e Christ Church, Oxford, Wesley foi elixido membro do Lincoln College, Oxford, en 1726 e ordenado pastor anglicano dous anos despois. Liderou o "Holy Club", sociedade formada co propósito de estudar e procurar unha vida cristiá devota. Fora fundado polo seu irmán, Charles, e tiña a George Whitefield entre os seus membros. Tras un ministerio sen éxito de dous anos en Savannah na colonia de Xeorxia, Wesley volveu a Londres e uniuse á sociedade relixiosa liderada por cristiáns moravos. O 24 de maio de 1738 experimentou o que se chamou a súa conversión evanxélica, cando sentiu o seu "corazón estrañamente cálido". Entón deixou os moravos e comezou o seu propio ministerio.
Un paso fundamental no desenvolvemento do ministerio de Wesley foi, como Whitefield, viaxar e predicar no exterior. En contraste co calvinismo de Whitefield, Wesley abrazou as doutrinas arminianas. Viaxando por Gran Breatña e Irlanda, axudou a formar e organizar pequenos grupos cristiáns que desenvolveron responsabilidade intensa e persoal, disciplina e instrución relixiosa; máis importante, nomeou evanxelistas itinerantes e sen ordenar para que coidasen estes grupos de persoas. Baixo a dirección de Wesley, os metodistas fixéronse líderes en moitos asuntos sociais do momento, incluídas a reforma das prisións e a abolición da escravitude.
Aínda que non era un teólogo sistemático, Wesley discutía o concepto de perfección cristiá e contra o calvinismo, en particular contra a súa doutrina de predestinación. Mantivo que, nesta vida, os critiáns podían acadar un estado en que o amor de Deus "reinase de xeito supremo nos seus corazóns", dándolles non só santidade exterior senón tamén interior. O seu evanxelicalismo, firmemente establecido sobre a teoloxía sacramental, mantiña que os medios da graza ás veces tiñan un papel na santificación do crente, a pesar de que ensinaba que era pola fe polo que un crente se transformaba no rostro de Cristo, e que as boas obras eran a proba de que unha persoa o era. Animou a xente a experimentar a Xesús Cristo persoalmente nunha "forma máis excelente" de "perfección cristiá". As ensinanzas de Wesley, coñecidas como teoloxía wesleyana, continúa a formar a base da doutrina das igrexas metodistas.
Durante a súa vida, Wesley permaneceu na Igrexa de Inglaterra, insistindo en que o movemento metodista cadraba ben na súa tradición.[1] Nos seus primeiros tempos de ministerio, Wesley foi apartado da predicación en moitas parroquias e os metodistas foron perseguidos; máis adiante foi amplamente respectado e, ao final da súa vida, foi descrito como "o home máis amado de Inglaterra".[2]
Wesley continúa a ser a influencia teolóxica primeira dos grupos metodistas e herdeiros do metodismo en todo o mundo. É conmemorado no Calendario de Santos da Igrexa Evanxélica Luterana de América o 2 de marzo xunto co seu irmán Charles. Ambos son tamén conmemorados o 3 de marzo no Calendario de Santos da Igrexa Episcopal dos Estados Unidos de América e o 24 de maio no calendario anglicano.
En 2002, Wesley foi listado no número 50 da listaxe da BBC dos 100 grandes británicos, tras unha enquisa entre o público británico.[3]
A casa e a capela de Wesley, construída en 1778 en City Road en Londres, continúan intactas e na capela teñen lugar servizos regulares, ademais de ter na cripta a sede do museo do Metodismo.
Numerosas escolas, colexios, hospitales e institucións reciben o nome de Wesley. En 1831, a Universidade Wesleyana en Middletown (Connecticut), foi a primeira institución de educación superior dos Estados Unidos que recibiu o seu nome. Na actualidade é unha institución segrar. Arredor de vinte colexios e universidades estadounidenses recibiron posteriormente o seu nome.
O legado de Wesley consérvase na Kingswood School, fundada en 1748 para educar os fillos do crecente número de predicadores metodistas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.